Patrimonio

No Partido Popular da Laracha miramos ó futuro con ilu­sión, traballamos no presente con responsabilidade e tamén queremos poñer en valor o noso pasado con orgu­llo. Por iso promovemos o Plan Especial de Patrimonio Cul­tural co propósito de ofrecerlle a máxima protección aos elementos máis destacados.

Queremos seguir descubrindo o importante que xa era A Laracha na Idade de Ferro como demostra o Castro de Montes Claros. Apostamos pola compra dos terreos, a pos­ terior limpeza do xacemento e a primeira escavación ar­ queolóxica que deixou á vista parte dos muros e fixo aflorar fragmentos de antigas pezas cerámicas. Agora estamos coa segunda escavación para continuar recuperando o castro mediante a investigación e a promoción sociocultural, e convertelo nun recurso e enclave de valor paisaxístico, tu­rístico e didáctico para desfrute da cidadanía.

No último mandato tamén foi adquirido o menhir de Er­boedo e incluído no Parque do Megalitismo da Costa da Morte para preservar o seu valor histórico e realizar as ac­tuacións precisas para favorecer a súa conservación e acon­ dicionar os accesos.

Por iniciativa do PP xa está aprobada a compra por parte do Concello de todos os terreos vinculados ao conxunto arqui­ tectónico das Torres de Cillobre, que tamén serán obxecto de proxectos e iniciativas de restauración e posta en valor.

Continuaremos adquirindo os bens incluídos no Plan espe­ cial de Patrimonio Cultural, entre eles a Croa de Santa Baia.

Coa nosa xestión, o Concello logrou a cesión da casa reitoral de Montemaior, as súas dependencias anexas e a finca para transformar o conxunto nun espazo multifuncional que será empregado como punto de encontro para a veciñanza, albergue con vinte e cinco prazas e centro de referencia para o sector primario.

Tamén consideramos que son parte do noso patrimonio in­material os topónimos, polo que completaremos o plan a través do que incorporamos 73 nomes de lugares ao padrón municipal e están a ser instaladas placas en todas as viven­das rurais co seu número definitivo.