Deporte

No Partido Popular temos unha visión completa do deporte como elemento fundamental de promoción da saúde e do be­ nestar, pero tamén como divertimento, mecanismo socializador para a cidadanía, competitividade e un reto para aqueles que desexan mellorar marcas e resultados.

A nosa xestión deportiva baséase en tres piares: infraestruturas públicas, organización propia de actividades e apoio directo ás entidades e deportistas máis destacados.

O primeiro é a cobertura en equipamentos deportivos, que no Concello é ampla e de calidade. Estamos orgullosos de que baixo a nosa xestión se crease na contorna do instituto unha nova área deportiva de uso libre de referencia na Laracha, con dúas pistas polideportivas, skatepark e tamén o primeiro circuíto de calistenia do municipio, equipamento que agora faremos en Paiosaco, Caión e na urbanización Monte Claro. Do mesmo xeito, promovemos o proxecto de construción dunha nova pista poli­ deportiva a carón do colexio de Paiosaco e habilitaremos na La­ racha espazos de xogos para practicar ao aire libre disciplinas como o tenis de mesa e o xadrez. Con estas iniciativas favorece­ mos a práctica deportiva especialmente entre o público infantil, adolescente e xuvenil.

Tamén realizamos un esforzo importante na mellora das insta­ lacións xa existentes, coa creación dun novo local no campo de fútbol A Porta Santa, intervencións na cuberta e no interior dos pavillóns da Laracha, Paiosaco e Caión e a renovación das pistas de pádel.

Para o complexo deportivo do campo de fútbol Municipal da Laracha xa temos aprobado un investimento de 215.000 euros para substituír o céspede sintético. No próximo mandato am­ pliaremos os vestiarios do propio campo de fútbol e os do pavi­ llón polideportivo. Tamén actuaremos no exterior do complexo para crear un novo espazo de aparcamento de vehículos e re­forzar a seguridade viaria cunha senda que facilite os accesos a pé desde o núcleo urbano da Laracha.

Daremos un novo impulso ao complexo deportivo da piscina municipal cun amplo e ambicioso proxecto que inclúe melloras na zona húmida e a completa renovación do ximnasio coa subs­ titución das máquinas incorporando outras novas de alta gama, o cambio do pavimento e a climatización na sala de spinning.

Ampliaremos e melloraremos as instalacións dos centros de en­ sino, creando unha nova zona deportiva no CEIP Otero Pedrayo e dotando con céspede sintético o campo de fútbol do CEIP Al­ fredo Brañas de Paiosaco.

Proximamente poremos en marcha unha aplicación informática para que os usuarios poidan facer as reservas dos pavillóns e das pistas de pádel directamente desde o seu teléfono ou orde­ nador.

O segundo piar da xestión deportiva é a organización directa de programas, con diversidade de iniciativas ao longo do ano diri­ xidas a todos os públicos, como o Día do Deporte, o programa A Laracha Activa, as diferentes escolas deportivas municipais e a ampla oferta de actividades durante o verán e o inverno (xim­ nasia de mantemento, ioga, pilates, zumba, pádel, campus de fútbol e baloncesto, etc).

E tamén prestamos apoio económico e organizativo ás entida­ des. Coa xestión do Partido Popular todos os clubs e asociacións deportivas en activo contan cunha subvención municipal e saben que o Concello está a súa disposición para cooperar na organi­ zación de calquera evento de interese xeral.

Ademais, apoiaremos a creación dun centro BTT a nivel comar­ cal que posibilite o coñecemento do medio rural e natural a tra­ vés da práctica do ciclismo con bicicleta de montaña.