A Laracha ten un enorme potencial turístico que desde o Partido Popular queremos seguir aproveitando ao máximo. Coas actuacións xa desenvolvidas e as nosas ideas para os próximos catro anos pretendemos impulsar o turismo local como unha fonte de desenvolvemento económico e social, xeradora de emprego, revitalizadora da economía e promo tora da nosa cultura e patrimonio.
Contar cada verán coa Bandeira Azul na praia de Caión é o recoñecemento á calidade do areal, dos servizos que presta o Concello e dos equipamentos que seguiremos mello rando. No Sendeiro de Saldoiro, que conta co distintivo de Sendeiro Azul, está aprobado o proxecto para revitalizalo como destino turístico mellorando a súa accesibilidade, si nalización e moviliarios.
Queremos seguir poñendo en valor a fachada marítima coa creación dunha nova senda que una todo litoral de Caión, desde Augacae por un extremo ata o límite con Carballo polo outro.
Cremos que o santuario dos Milagres, un dos máis impor tantes da Costa da Morte, debe formar parte da Vía Ma riana LusoGalaica, e por iso proporemos ampliar o seu percorrido que actualmente discorre polas antigas vías de peregrinación mariana entre Braga e Muxía.
Do mesmo xeito, recrearemos a ruta pola Laracha realizada por Alfonso IX no século XIII para dar a coñecer e valorar o pasado templario vinculado principalmente á parroquia de Lendo. E tamén estudaremos as posibilidades turísticas que ofrece a Vía Céltica, a ruta que une por mar e terra Irlanda con Compostela pasando pola Laracha.
Daremos un novo pulo ao Centro de Interpretación dos Muíños de Golmar (centro azul de educación ambiental) cun proxecto de remusealización. Renovaremos os contidos para ofrecer unha experiencia máis completa e enriquece dora para os seus visitantes, potenciando o atractivo do museo e poñendo en valor o patrimonio etnográfico muni cipal vinculado aos muíños, ás concas fluviais e á actividade agrícola.
Co programa A Laracha Activa creamos rutas de sendei rismo para combinar a actividade física coa promoción tu rística. Agora temos en proceso un proxecto de sinalización e homologación pola Federación Galega de Montañismo do sendeiro do río Bradoso, iniciativa que tamén levaremos a cabo noutros roteiros.
Involucrámonos no proxecto Os Fogóns do Anllóns coa in tención de fortalecer a riqueza natural e as posibilidades tu rísticas que ofrece ao longo de todo o seu percorrido este río que nace en Soandres e conforma a principal arteria flu vial da comarca.
Seguiremos impulsando as nosas celebracións populares, en especial a Feira das Cereixas de Paiosaco e a Romaría dos Milagres como festas declaradas de interese turístico.
No noso afán por atraer a todo tipo de turistas, fomos pio neiros na comarca na creación de áreas de servizo para au tocaravanas, que agora reforzaremos habilitando espazos nos que poidan estacionar e pernoctar.