Grazas á xestión que vimos realizando desde o Partido Popular podemos afirmar orgullosos que logramos que na Laracha for mar parte da vida cultural municipal estea ao alcance de todos os cidadáns, con independencia da súa idade ou lugar de resi dencia. Isto non implica só a promoción desde o Concello de eventos culturais, tamén a creación de espazos e oportunida des para que a veciñanza poida desfrutar, aprender e participar das diferentes expresións artísticas.
É primordial contar cunha extensa rede de centros nos que achegar iniciativas a todas as parroquias. No último mandato cumprimos a promesa de construír en Caión o centro socioco munitario, que permitiu reforzar a oferta cultural na vila e xa dá cabida a propostas culturais dirixidas a todos os públicos. O novo edificio conta cun salón de actos na planta baixa, a biblio teca, dúas aulas multiusos e as futuras instalacións da Confraría de Pescadores na primeira planta e un almacén no soto.
Para o próximo mandato queremos dar un paso máis creando un novo auditorio na Laracha que sexa unha referencia para o Concello, unha instalación máis ampla e con máis aforo que ofreza un maior confort aos usuarios e que abra o abano de oportunidades para acoller eventos de aínda máis alto nivel.
Seguiremos coidando da nosa rede de bibliotecas municipais, renovando o catálogo bibliográfico e organizando programas de promoción e dinamización da lectura como os que levaron ao Concello a ser galardoado nos premios María Moliner con vocados polo Ministerio de Cultura e Deporte.
Continuaremos apostando por unha programación municipal propia, ampla, de calidade e adaptada a todos os públicos. Contar cada ano con máis de 2.000 participantes nas activida des de verán e de inverno é o mellor indicador da boa valora ción cidadá. Tamén reforzamos cada ano as propostas que organizamos en datas significativas como o Nadal, o Entroido, as Letras Galegas, Mes do Libro en abril e o Outono de Contos en outubro. E seguiremos apostando pola música en directo nos Rueiros da Vila que xa están consolidados no verán de Caión.
Somos un Concello de referencia no fomento das artes escé nicas con ciclos de teatro na Laracha, Paiosaco e Caión gratuítos para o público, e un festival de humor que nos últimos nove anos contou con monologuistas de primeiro nivel nacional.
O concurso fotográfico A Laracha no obxectivo motivou a ve ciños e visitantes e explorar, apreciar e capturar coa súa cámara os recunchos, monumentos, paisaxes e eventos da vida cotiá do municipio.
A cultura tamén representa a nosa identidade, historia e tradi cións. Por iso temos o deber de fomentar as festas patronais como parte esencial da nosa cultura popular apoiando ás Co misións de Festas de cada parroquia, e de colaborar co tecido asociativo con subvencións municipais e cooperación loxística para facilitar a súa actividade.
Reforzaremos o irmandamento con Les Sables d’Olonne grazas ao que xurdiron iniciativas de intercambio das que forman parte o alumnado do instituto e o tecido asociativo local. Ade mais, participamos en programas europeos para abrir rela cións con entidades doutros países que permitiron a proxección internacional da cultura tradicional larachesa, sendo protagonista en eventos celebrados en Francia, Portugal e Polonia coa participación de entidades do noso concello.
No próximo mandato impulsaremos un proxecto de arte ur bano. Coa creación de murais lograremos o dobre obxectivo de promover esa disciplina artística e combater o feísmo fa cendo que distintos espazos, especialmente en zonas residen ciais, luzan máis atractivos.