Novas tecnoloxías

No Partido Popular queremos seguir facendo da Laracha un Concello moderno e aberto ao emprego das ferramentas tecnolóxicas que melloren o día a día da xestión municipal, reduzan a burocracia e faciliten a comunicación cos cida­ dáns.

Renovaremos a páxina web municipal adaptando o seu as­ pecto e contidos para manter unha presencia dixital fresca e actualizada no mundo virtual. Tamén melloraremos os portais municipais de turismo e de emprego.

Coa posta en marcha da Oficina Virtual Tributaria logramos o dobre obxectivo de ofrecer ao contribuínte a posibilidade de realizar por completo en liña diferentes trámites e acce­ der á información de xeito rápido, áxil e intuitivo, ao mesmo tempo que se favorece a administración sen papel.

Por iniciativa do PP o Concello xa ten aprobada a creación dunha aplicación informática para que os usuarios das pis­ tas de pádel e dos pavillóns polideportivos poidan realizar directamente en liña a reserva das instalacións.

Puxemos en marcha un servizo de información por Whatsapp a través do que os veciños poden recibir no seu móbil comunicacións do Concello relacionadas con programas de servizos sociais, culturais, deportivos e avisos de interese xeral.

No próximo mandato reforzaremos a presenza do Concello nas redes sociais como levamos anos facendo en Facebook e Instagram.

A creación da oficina da dixitalización representará un paso adiante na nosa visión de futuro. Nela poremos en marcha un servizo municipal orientado a facer moito máis doado o acceso ás posibilidades que ofrece internet para calquera necesidade relacionada co ensino, o ocio, a empresa, o co­ mercio, etc. Tamén deseñaremos un calendario de activi­ dades que contemplarán diferentes aspectos relacionados coas novas tecnoloxías.

Aínda que a ampliación da cobertura de fibra óptica e de 5G non se trate dunha competencia municipal, desde o Concello colaboraremos activamente coas compañías de te­ lecomunicacións para promover e facilitar a mellora da co­ nectividade a internet establecendo diálogos con provedores de servizos, axilizando a xestión dos permisos e licencias necesarios e apoiando calquera iniciativa que procure mellorar a cobertura.