Xuventude

Os mozos laracheses son actores fundamentais da cons­ trución do futuro do concello. No Partido Popular temos claro que é o noso deber ofrecer iniciativas deseñadas es­ pecificamente para a xuventude, brindándolles oportuni­ dades e ferramentas para favorecer o seu desenvolvemento integral e potenciar a súa participación activa na sociedade.

Crearemos un centro xuvenil, unha instalación municipal a disposición dos mozos que será un espazo de reunións e de actividades culturais e recreativas. Tamén ampliaremos o horario da oficina de información xuvenil para reforzar o servizo de asesoramento e orientación que lles ofrecemos desde o Concello.

En materia laboral estamos orgullosos da organización de obradoiros de emprego xuvenís e satisfeitos coas cifras de inserción no mercado laboral alcanzadas grazas a eles, polo que no próximo mandato continuaremos por ese camiño.

Seguiremos promovendo os valores da solidariedade e a responsabilidade social por medio de programas de volun­ tariado nos que ofrecemos aos mozos participar como per­ soal de apoio aos técnicos municipais especializados en enriquecedoras actividades de tipo cultural, educativo, de­ portivo, medioambiental e de promoción do benestar so­ cial.

Queremos que A Laracha continúe estando no mapa inter­ nacional dos campos de voluntariado. Transformar a reito­ ral de Montemaior nun albergue xuvenil permitiranos reforzar a organización de iniciativas desas características.

Continuaremos aproveitando as oportunidades que ofrece a Unión Europea para abrir relacións con entidades doutros países que posibilitarán poñer en marcha programas de in­ tercambio, como os realizados o ano pasado en Berlín e Ve­ necia, e o que xa estamos organizando para este verán nesa mesma localidade italiana.

A xuventude tamén está no centro das políticas municipais en materia deportiva. A construción de pistas polideporti­ vas descubertas, do skatepark e do circuíto de calistenia é o froito de coñecer as súas inquedanzas e actuar para face­ las realidade. No próximo mandato, entre as novas infraes­ truturas deportivas que levaremos a cabo, estará o primeiro rocódromo municipal.