Coa xestión do Partido Popular da Laracha á fronte do Con cello promovéronse os ambiciosos plans especiais de equi pamentos educativos que están en pleno desenvolvemento.
No CEIP Otero Pedrayo foron adquiridos preto de 14.000 m2 xunto ao centro. Iso permitirá mellorar os accesos cunha nova entrada principal e habilitar espazos de aparcamento para os autobuses do transporte escolar e tamén para ve hículos do profesorado e dos pais dos alumnos. Ademais, incrementaranse os espazos dotacionais vinculados ao cen tro despois da construción do novo aulario de infantil e do pavillón polideportivo.
Xunto ao IES Agra de Leborís foi creada unha nova área de portiva de referencia na Laracha. Agora propoñemos am pliar as instalacións do instituto e seguiremos pelexando pola implantación de ciclos formativos.
A recente compra dunha parcela tou a carón do CEIP Al fredo Brañas de Paiosaco abre novas oportunidades para mellorar o seu entorno e equipamentos. Na entrada ao cen tro, o reacondicionamento da vía significará accesos máis seguros para o transporte escolar e os peóns. Tamén apos taremos pola construción dun novo local para empregar como comedor escolar e almacén.
E no CEIP de Caión será completada a renovación do peche perimetral e mellorado o parque infantil.
Coa colaboración dos centros de ensino impulsamos o Plan Local de Infancia e Adolescencia, que está en fase de re dacción, consistente nunha folla de ruta que oriente as po líticas municipais nesa materia e sexa un aliciente para a participación e implicación dos rapaces na vida social mu nicipal. Esa é unha das pezas angulares da Convención sobre os Dereitos do Neno e requisito para poder optar ao recoñecemento do Concello da Laracha como Cidade Amiga da Infancia que outorga Unicef.
Durante a pandemia o Concello estivo á altura das necesi dades das familias dos estudantes, reforzando a partida or zamentaria das bolsas de estudos e convocando axudas para adquirir material informático. As becas, ás que se des tinaron no último mandato 275.000 euros, co Partido Po pular sempre permanecerán blindadas nos presupostos municipais.