Sanidade

O último mandato foi atípico porque máis da metade destes catro anos estiveron marcados pola pandemia. Foron mo­ mentos complicados para todos e de moitas dúbidas e in­ certezas que desde o Partido Popular da Laracha afrontamos con tres máximas: transparencia de cara aos cidadáns, asistencia á veciñanza e vontade de cooperar con todas as administracións.

Durante o confinamento, a nosa xestión permitiu que cada vivenda do municipio recibise o seu pack de mascarillas e guantes. Tamén que as persoas máis necesitadas recibisen nos seus domicilios alimentos e medicamentos. E reclama­ mos á Xunta a realización de cribados masivos cunha parti­ cipación exemplar da veciñanza larachesa.

A ampliación do centro médico da Laracha cun novo e mo­ derno punto de atención continuada foi un fito histórico, ademais cunha infraestrutura premiada por tratarse dun proxecto arquitectónico respectuoso co entorno e que pon en valor a madeira en construción. A dispoñibilidade das novas instalacións permitiranos avanzar cara a implantación de novos servizos médicos e especialidades na Laracha, como así seguiremos reclamando.

Agardamos que pronto sexa unha realidade a farmacia de Paiosaco despois de que o conselleiro de Sanidade se com­ prometese con José Manuel López Varela a incluíla no pró­ ximo concurso público para a adxudicación de novas oficinas, unha vez que as actuais cifras oficiais de poboación así o posibilitan.