A Laracha é un Concello vivo e en crecemento que desde hai anos rexistra un progresivo incremento poboacional. No Partido Popular estamos orgullosos tanto de crear as con dicións oportunas para que os mozos establezan o seu pro xecto vital no municipio como de que os nosos maiores decidan quedarse na súa terra porque atopan aquí todo o que precisan para satisfacer as súas necesidades.
Continuaremos apostando polos centros sociais como ele mentos clave para favorecer as relacións persoais entre o colectivo.
Seguiremos organizando iniciativas para o aproveitamento do tempo de lecer como as excursións a diferentes lugares das xeografías galega e española que tan boa acollida están a ter, as xornadas de baile das tardes dos sábados e a Festa Homenaxe na que lles mostramos o noso respecto, agra decemento e cariño.
Do mesmo xeito, na programación anual de actividades mu nicipais contamos con propostas dirixidas especificamente ao colectivo das persoas maiores para aportarlles novos co ñecementos e habilidades que lles serán de utilidade para a súa vida diaria, como os cursos de alfabetización e me moria e os obradoiros de uso do teléfono móbil. Seguire mos ofertando novas actividades de envellecemento activo en todas as parroquias.
Tamén queremos dispoñer de instalacións axeitadas para favorecer a actividade física, e por iso completamos a cobertura de parques biosaudables instalando un novo na vila de Paiosaco que se suma aos xa dispoñibles no parque Ma ximino Canedo da Laracha, o paseo marítimo de Caión, a área recreativa de Gabenlle e a urbanización Monte Claro de Cabovilaño.