As políticas de igualdade que levamos anos desenvolvendo levaron ao Concello da Laracha a ser un referente nesta ma teria, mesmo recibindo premios de ámbito nacional e reco ñecementos internacionais.
A través do Programa Harmoniza favorecemos a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres ofrecendo ser vizos de conciliación da vida laboral, persoal e familiar ao longo de todo o ano, durante o curso escolar e tamén nas épocas de vacacións.
No calendario do Partido Popular da Laracha continuarán estando marcadas datas sinaladas como o Día Internacional das Mulleres (8 de marzo), o Día da Muller Rural (15 de ou tubro) e o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller (25 de novembro), que conmemoramos con programas municipais de actividades abertos a toda a cidadanía.
En materia de loita contra a violencia de xénero estrutura mos as nosas acción en catro áreas diferenciadas e comple mentarias entre si. Prestamos apoio e atención integral ás vítimas, incluíndo intervencións terapéuticas cos nenos. De senvolvemos campañas de sensibilización e prevención das malas condutas centradas especialmente na infancia e na adolescencia. Promovemos políticas e programas de activi dades para favorecer a igualdade entre homes e mulleres. Organizamos mesas de coordinación interinstitucional con tra a violencia de xénero na que participan profesionais de todos os sectores implicados (Concello, centros de ensino, centro médico, Garda Civil e Policía Local).
Neste sentido, a incorporación da Policía Local ao sistema de seguimento integral da violencia de xénero VioGén per mite actuar de xeito máis eficaz e directo ante a detección de situacións desa natureza.
Co PP o Concello da Laracha continuará dispoñendo dun Centro de Información ás Mulleres que presta asesora mento e atención xurídica e psicolóxica ás vítimas, ademais de ofrecer acompañamento en materia de recursos e orien tación profesional e de organizar actividades formativas e informativas sobre temas de interese xeral para as mulle res.