Apoio as familias

Facer da Laracha un bo lugar para residir e establecer un proxecto de vida é o obxectivo final da nosa xestión muni­ cipal. E nese sentido, un dos sinais de identidade do Par­ tido Popular á fronte do Concello é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás persoas con nenos ou maiores ao seu cargo.

Dispoñemos dunha escola infantil pública con 8 aulas e 115 prazas para nenos de ata 3 anos de idade para atender unha demanda en crecemento que explica o progresivo aumento de poboación que se está a rexistrar no municipio.

Incorporamos o servizo de Canguros dirixido a familias con nenos desde os catro meses. Oferta a prestación puntual de coidados básicos e atención nos domicilios, así como o acompañamento de menores fóra da vivenda.

É motivo de orgullo que o Programa Harmoniza da Laracha sexa unha referencia e recibise galardóns de ámbito nacio­ nal por ofrecer servizos de conciliación a familias con nenos de entre 3 e 12 anos de idade, tanto durante o curso escolar como nos períodos de vacacións ao longo do ano (verán, Nadal, Entroido e Semana Santa).

Desde o Concello, o PP da Laracha apostou por crear o ser­ vizo municipal de atención temperá, dotándoo con insta­ lacións de calidade e persoal especializado. Así, ofrécese a nenos de ata 6 anos de idade e ás súas familias un conxunto de intervencións que teñen por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades que presentan os cativos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos para facilitar a súa autonomía persoal e inclusión social.

Tamén puxemos en marcha os programas Educa en positivo de apoio ás familias con menores en situación de vulnera­ bilidade e A Laracha Acolle, que ten por obxecto a inclusión social e cultural das persoas inmigrantes residentes no mu­ nicipio.

Queremos dispoñer de máis prazas no centro de día e fogar residencial para persoas maiores que requiren dunha aten­ ción temporal ou permanente. Por iso, por iniciativa do PP realizáronse os trámites urbanísticos que posibilitarán a am­ pliación das instalacións.