Servicios Sociais

Para o Partido Popular da Laracha a cobertura en servizos sociais é moito máis que programas e recursos, son o cora­ zón dunha sociedade cohesionada, xusta e solidaria onde as necesidades dos máis vulnerables son atendidas.

O noso compromiso coa protección social reflíctese cada exercicio nos orzamentos municipais, nos que consignamos a este apartado 1 de cada 4 euros. Non o vemos como un gasto, senón como un investimento na comunidade lara­ chesa para mellorar directamente a calidade de vida de moitas persoas.

Piar fundamental para poder ofrecer uns servizos sociais de calidade é dispoñer das infraestruturas necesarias, como temos na Laracha coa escola infantil, o centro de día e fogar residencial, os centros sociais da terceira idade e ins­ talacións multiusos en distintos edificios municipais.

Continuaremos traballando para fortalecer o servizo de axuda no fogar, no que se destina cada ano preto de un mi­ llón de euros. Sabemos que cada persoa dependente é única e ten unhas necesidades específicas, e por iso somos conscientes da importancia de brindar coidados e atención a quen o precisa na comodidade do seu fogar para manter a súa autonomía e apoiar ás familias coidadoras.

O fondo de emerxencia social que sempre contemplamos nos orzamentos municipais permite atender necesidades de familias que non dispoñen dos recursos económicos su­ ficientes para facer fronte a gastos urxentes.

A través do programa Xantar na Casa seguiremos ofre­ cendo ás persoas maiores que viven soas unha alimenta­ ción diaria equilibrada, de calidade e adaptada ás súas necesidades.

Cun goberno do PP o Concello sempre estará a disposición da veciñanza para informar, asesorar e acompañar no pro­ ceso de solicitude para beneficiarse de programas sociais como o servizo de teleasistencia.