Medioambiente

Conscientes da importancia de equilibrar o progreso co res­ pecto ao medio ambiente, o Partido Popular da Laracha im­ plantou políticas e accións que procuran minimizar o impacto das actividades humanas, protexer o entorno natural e garan­ tir un futuro sustentable para as xeracións futuras.

Promoveremos un Plan estratéxico de medio ambiente para identificar os valores ambientais do concello e deseñar as ac­ tuacións a realizar para o seu aproveitamento. Farase dunha maneira participativa, implicando á veciñanza para recoller ideas e facer que a poboación sexa coñecedora e estea orgu­ llosa dos espazos naturais.

Converteremos a carballeira de San Fins de Montemaior nun espazo medioambiental de referencia cultural, pedagóxica e educativa. Tamén actuaremos para recuperar para o desfrute xeral a área verde do parque empresarial.

Seguiremos apostando pola adquisición de terreos cualifica­ dos no PXOM de protección ambiental. O seguinte será o es­ pazo natural da carballeira do Rapadoiro, na parroquia de Coiro.

Os entornos fluviais continuarán sendo obxecto de interven­ cións municipais para que a cidadanía e os turistas poidan des­ frutar de ecosistemas de alto valor medioambiental a carón dos ríos Bradoso, Acheiro, Vilán e Anllóns. Ademais, amplia­ remos a área recreativa de Gabenlle despois de mellorala no último mandato dotándoa con máis mobiliario y novos pavi­ mentos nos seus itinerarios peonís.

Baixo a nosa xestión o Concello obtivo recentemente a Ban­ deira Verde coa que a Xunta de Galicia valora o compromiso co respecto á paisaxe e ó patrimonio natural. Tamén logramos o recoñecemento no certame Vilas en Flor polo labor en di­ versas áreas de xestión medioambiental.

Adherímonos ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, iniciativa da Unión Europea coa que nos comprometemos a reducir as emisións de dióxido de carbono nun mínimo do 40% ata 2030. E nese marco realizamos actuacións de mellora da eficiencia enerxética como a renovación da iluminación pública por luces LED nos núcleos rurais, urbanos, parque em­ presarial e instalacións municipais cun investimento de 1,2 mi­ llóns de euros. No complexo deportivo da piscina municipal implantamos sistemas de xeración de calor a partir de bio­ masa e agora actuaremos na zona do vaso para un mellor aproveitamento da auga e da enerxía. Nos campos de fútbol municipal substituiremos a iluminación das torretas por outras máis eficientes.

Impulsaremos as comunidades enerxéticas para involucrar de forma activa á cidadanía, entidades e empresas na loita contra o cambio climático apostando polas enerxías renovables.

O noso compromiso coa eficiente xestión dos residuos ponse de manifesto coa implantación do contedor marrón, xa que A Laracha é pioneira en Galicia na recollida separada da fracción de orgánicos. Tamén apostamos por potenciar a compostaxe doméstica grazas ao que máis de 300 familias recibiron de balde o seu composteiro. E instalamos puntos de recollida de aceites domésticos.

No próximo mandato reforzaremos o servizo de recollida do­ miciliaria de voluminosos e a cobertura de contedores de plásticos, cartón e vidro nas parroquias. Tamén impulsaremos novos servizos de xestión de plásticos agrícolas e de retirada de pneumáticos en explotacións agrogandeiras.

Temos proxectada a ampliación do punto limpo cun investi­ mento de 250.000 euros.

Mellorar as infraestruturas do ciclo da auga e aumentar a co­ bertura das redes de abastecemento e saneamento sempre foi unha prioridade para o PP. A construción do novo depósito en Golmar suporá aos 2 millóns de euros.

Tamén apoiaremos a creación dun centro comarcal para a xes­ tión da recollida de cans e gatos abandonados.