Mobilidade

Un concello como A Laracha estruturado en 13 parroquias nas que existen un total de 311 núcleos de poboación co­ municados cunha rede viaria de 642 km require dun go­ berno local do Partido Popular comprometido coa mellora, ampliación e a conservación en bo estado das estradas, tanto as das tres vilas como as situadas en zonas rurais, in­ cluíndo as forestais e de acceso a zonas agropecuarias.

Estamos orgullosos do que logramos coa nosa xestión na AC­552: crear un itinerario peonil continuo de máis de 7 km de distancia que discorre desde Paiosaco, pasando por A Laracha e O Cancelo, ata Proame. Precisamente ese úl­ timo tramo, que afecta ás parroquias de Cabovilaño e Le­ maio, é o que está actualmente en fase de execución. Seguiremos apostando pola creación deste tipo de sendas noutras estradas vertebradoras das comunicacións no termo municipal a través dun plan de mobilidade segura.

Cun goberno municipal do PP, A Laracha seguirá integrada no Plan de Transporte Metropolitano, por medio do que se subvencionan no noso concello 70.000 viaxes en autobús cada ano para facilitar o acceso dos cidadáns ao transporte público e favorecer a mobilidade sostible. Para un maior confort dos usuarios, xa está aprobado un plan de renova­ ción das marquesiñas que inclúe a instalación de 18 novas ao longo da AC­552. Do mesmo xeito, levaremos a cabo un plan municipal de mellora das marquesiñas en zonas urba­ nas e rurais.

Tamén actuamos para potenciar o transporte público trans­ formando a parada de taxis da Laracha, mellorando a acce­sibilidade nese entorno xunto á Praza do Concello e creando unha marquesiña adaptada ás necesidades dos profesionais do sector.

Cremos nos aparcamentos disuasorios como unha ferra­ menta efectiva e valiosa para mellorar a mobilidade nos nú­ cleos urbanos. Por iso seguiremos apostando pola creación de espazos destas características nas vilas da Laracha, Paio­ saco e Caión. Nas parroquias tamén queremos aumentar os espazos de estacionamento en puntos estratéxicos. Xa temos aprobado un proxecto para o Igrexario de Lestón e crearemos outro no entorno da igrexa de Golmar.

Pelexaremos pola inclusión no proxecto da Vía Verde da antiga vía de ferrocarril Santiago­A Coruña do tramo de máis de 4 km de distancia que discorre polo termo munici­ pal da Laracha entre Boedo e Meirama. Suporá a creación de novos espazos que favorezan a mobilidade sostible, in­ crementen as oportunidades para practicar actividade física e reforcen o potencial turístico do noso concello.

Seguiremos demandando doutras administracións as me­ lloras que consideramos prioritarias, especialmente nas vías provinciais Paiosaco­Caión, A Laracha­Estrada de Caión (por Lendo), A Laracha­Canteira de Soandres e rematar a estrada A Laracha­A Silva.