Desenvolvemento ordenado

O PP da Laracha leva moitos anos realizando políticas para fa­ vorecer o desenvolvemento territorial ordenado tanto nos nú­ cleos urbanos como nas parroquias. A nosa planificación e xestión significaron investimentos na mellora de vías e rúas, a creación de novos espazos verdes e áreas de ocio e melloras na accesibilidade e a mobilidade. Fixémolo segundo os crite­ rios establecidos pola Axenda 2030 impulsada pola Unión Eu­ ropea e Nacións Unidas coa fin de perseguir o logro da sostenibilidade nas políticas de desenvolvemento urbano.

Renovaremos a nosa decidida aposta pola humanización das rúas para poñer ás persoas no centro da planificación creando entornos urbanos máis seguros, amplos e cómodos para os peóns, o que tamén repercute positivamente no sec­ tores comercial e hostaleiro. O último exemplo atopámolo nas rúas José Loureiro, Xosé Neira Vilas e Álvaro Cunqueiro, todas no entorno do campo da feira de Paiosaco. Na Laracha, des­ pois dos proxectos realizados nas rúas Epifanio Campo, David Mallo, Suíza, Lugo, Coruña, Pontevedra e Silverio Moreda, o seguinte punto de actuación será a rúa José Manuel Ferreira Penedo, xa en fase de contratación. As próximas, as rúas Luis Martínez e tamén as do entorno do CEIP Otero Pedrayo: José Añón, Emilia Pardo Bazán, Urbano Lugrís e María Mariño.

Mención especial merece o proxecto deseñado polo PP e va­ lorado en 1,3 millóns de euros para transformar o tramo ur­ bano da Avenida López Astray nunha vía de plataforma única que optimice o equilibrio entre peóns e vehículos, conserve as árbores e sexa máis accesible e habitable para a cidadanía.

Outra ambiciosa iniciativa localízase en Paiosaco. A recente compra da parcela xunto ao colexio permitirá crear unha área de equipamentos de referencia na vila que disporá dunha pista polideportiva, un circuíto de calistenia e un parque con zonas de descanso e de xogos infantís.

Como exemplo de iniciativas no rural, temos proxectada a construción dun espazo multiusos no Igrexario de Lestón que funcionará como praza pública e zona de aparcamento para vehículos e autobuses.

No termo municipal da Laracha temos unha ampla rede con 19 parques infantís. No último mandato levamos a cabo un plan de mellora destes equipamentos con actuacións de man­ temento, substitución do pavimento e instalación de novos xogos, algúns deles adaptados para nenos con diversidade funcional. Actuamos nos parques infantís existentes na praza O Recreo, no parque Maximino Canedo, no campo da feira de Paiosaco e na escola infantil da Laracha. Tamén creamos novos nas parroquias de Lemaio, Soandres e Erboedo, e o seguinte que poremos en marcha será en Coiro. No próximo mandato promoveremos proxectos para a cubrición de parques infantís para facilitar o seu uso en todas as épocas do ano.

Cumprimos o compromiso de crear a área de recreo canino que proporciona un espazo seguro e axeitado no que as mas­ cotas e os seus donos poidan xogar, socializar, divertirse e des­ frutar ao aire libre nun entorno amplo e cómodo.

É un orgullo que a nosa planificación urbanística favorecese o xurdimento de iniciativas particulares en zonas residenciais e tamén en espazos comerciais. Nese sentido, o desenvolve­ mento da área de reparto xunto á Avenida Fisterra na entrada Á Laracha en dirección A Coruña incorporará á trama urbana

29.000 m2 de superficie e será un novo motor para a activi­ dade económica local e o incremento do desenvolvemento ur­ banístico.