Baixo a xestión do Partido Popular, A Laracha converteuse nun municipio de referencia para emprender negocios e asentar proxectos. As medidas fiscais que aplicamos, con bonificacións nos impostos municipais para empresas xera doras de emprego de calidade, fan do noso municipio un lugar aínda máis atractivo para investir.
Contamos cun dos parques empresariais con maior poten cial de desenvolvemento no norte de Galicia, polo que xa apostan firmas de referencia internacional en diferentes sectores profesionais e que será o motor do futuro desen volvemento económico e social do municipio. Cun 82 % do solo xa ocupado, avanzaremos cara a ampliación do polí gono alcanzando unha superficie industrial total de 1,5 mi llóns de m2 despois de promover desde o Concello a necesaria modificación do Plan sectorial de áreas empresa riais aprobado pola Xunta de Galicia. Así, abriranse novas oportunidades para estar preparados para dar cabida a cal quera tipo de proxecto empresarial.
Do mesmo xeito, seguiremos apostando por xerar as máis óptimas condicións relativas ás comunicacións, servizos, instalacións e fiscalidade para facilitar que máis firmas apos ten por implantarse na Laracha e xerar actividade econó mica e postos de traballo de calidade no noso municipio.
Tamén puxemos a disposición dos laracheses emprendedo res o viveiro de empresas para dar un impulso ós seus pro xectos ofrecéndolles espazos amplos e de calidade (naves industriais e oficinas) integrados nun entorno privilexiado e inmellorable para xerar sinerxías.