Emprego

No Partido Popular da Laracha sabemos que a mellor polí­ tica social é o fomento do emprego. Ese foi sempre un dos piares fundamentais na nosa xestión municipal.

Apostamos pola formación da cidadanía en especialidades con demanda de traballadores cualificados como principal medida de inserción laboral. Con esa intención organizamos iniciativas como os obradoiros duais de formación e em­ prego, os obradoiros xuvenís e os programas integrados de emprego nos que participaron no últimos catro anos máis de 300 laracheses.

A homologación dunha aula­taller no edificio administra­ tivo da Laracha permitiu avanzar cara a organización de ac­ cións formativas dirixidas a persoas desempregadas e centradas na atención sociosanitaria a dependentes. Segui­ remos apostando por homologar espazos municipais para acoller iniciativas noutras especialidades.

Puxemos en marcha a Aula Mentor, por medio da que se oferta un extenso catálogo de máis de 200 cursos formati­ vos cos que as persoas desempregadas poden ampliar as súas competencias persoais e profesionais.

Por medio do servizo municipal de orientación laboral acompáñase e axúdase aos usuarios no proceso de busca de emprego, na análise da información sobre o mercado la­ boral e na elaboración do currículo para adaptalo ós proce­ sos de selección de persoal. E a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local presta asesoramento ós empren­dedores e facilita as relacións entre os cidadáns e as em­ presas, canalizándoa en liña grazas á web municipal de em­ prego.

E tamén fixemos do Concello un dos principais creadores de postos de traballo participando en programas de contra­ tación de persoal para formar as cuadrillas medioambien­ tais e de obras, as brigadas de incendios, o persoal de limpeza da praia de Caión e o servizo de salvamento e so­ corrismo durante o verán, entre outras iniciativas.