Promoción económica. Comercio Local

Apoiar o comercio local e potenciar os sectores produtivos é o modo máis efectivo de contribuír ao desenvolvemento económico e social do municipio.

Na Laracha temos a enorme fortuna de contar cun tecido comercial amplo e de alta calidade, tanto polos produtos que se ofertan como polos profesionais a cargo dos esta­ blecementos. Nunha época especialmente complicada para o sector como foi a da pandemia afrontamos con decisión a responsabilidade de estar á súa altura e apoialos cando máis o precisaban, destinando máis de 400.000 euros a sub­ vencionar ás pequenas e medianas empresas para paliar os efectos negativos do coronavirus.

Temos en marcha o programa de bonos Eu merco na Lara‐ cha, dotado con 40.000 euros para financiar desde o Con­ cello parte das compras dos cidadáns no comercio de proximidade.

A próxima iniciativa será a creación dunha nova plataforma dixital municipal que ofrecerá a cada establecemento o seu propio espazo en internet desde o que promocionarse e vender produtos.

Seguiremos dinamizando o sector hostaleiro apostando pola organización de novos eventos como Destapa A Lara‐ cha que desestacionalicen a oferta turística e sexan un ali­ ciente para atraer e fidelizar clientes.

E tamén queremos seguir potenciando a Feira de Paiosaco para que continúe sendo un dos motores económicos, pero tamén o elemento identitario máis importante para vila e o mellor lugar para mercar produtos de primeira calidade e de quilómetro 0. Co Partido Popular da Laracha, a Feira de Horticultura manterase como a gran festa dos produto­ res locais e unha oportunidade perfecta para mostrar o seu labor profesional e o resultado dos cultivos.