O Concello que temos é a carta de presentación do Partido Po pular da Laracha. O noso compromiso á fronte do goberno foi sempre traballar aportando coñecementos e ideas para facer do municipio un lugar excepcional para vivir, traballar e desfrutar dunha boa calidade de vida.
A nosa visión municipal é clara e ambiciosa. Coñecemos o mo delo de futuro que queremos para A Laracha e, o que aínda é máis importante, levamos anos demostrando que sabemos como levalo a cabo con garantía de responsabilidade e eficacia.
O noso modo de administrar o Concello baséase nunha máxima: facer máis con menos. Grazas á nosa sólida xestión financeira logramos sacar adiante moitos e importantes proxectos, e ofre cer unha rede de servizos sociais ampla e de calidade, pero sem pre mantendo unha presión fiscal baixa co menor número de taxas e impostos posibles e as tarifas máis baixas permitidas por lei, porque cremos que é importante aliviar a carga económica das persoas e aplicar medidas que favorezan a creación e im plantación de empresas xeradoras de emprego de calidade. Co PP cada euro que se invista na Laracha continuará sendo utili zado de maneira eficiente e para beneficio de toda a comuni dade.
Sabemos da importancia da existencia de procesos claros e ex peditos para as persoas que desexan construír ou mellorar a súa vivenda, para os emprendedores que promoven iniciativas em presariais e tamén para calquera cidadán que presente no Con cello unha solicitude para beneficiarse dun programa asistencial ou optar a unha liña de subvencións. Por iso continuaremos tra ballando para axilizar os trámites, reducir a burocracia e diminuír os tempos de agarda.