Querido/a veciño/a:
A Laracha é o Concello no que nacín, crecín, me formei como persoa, creei a miña familia e establecín o meu pro xecto de vida. É por iso que considero que ser alcalde é o maior orgullo para un político, porque é unha honra ser es collido polos veciños cos que comparto o meu día a día para tratar de resolver os problemas que lles preocupan, mellorar a súa calidade de vida e facer do noso municipio un lugar mellor para vivir e convivir.
Durante o tempo que levo como alcalde atravesamos xuntos diferentes etapas e contextos económicos e sociais. O mandato que está finalizando foi especialmente complicado porque desde o Concello tivemos a enorme responsabilidade de afrontar a pandemia do coronavirus estando xunto á veciñanza, acompañándoa, informándoa e asistíndoa nos casos nos que foi necesario. Foron meses difíciles para todos nos que, como sempre, dei o mellor de min desde os valores do compromiso coa cidadanía, a proximidade, a seriedade e a transparencia.
Pero neste período tamén houbo momentos para recordar cun sorriso, como a creación da nova zona deportiva xunto ao IES Agra de Leborís, a construción do centro sociocomunitario de Caión, a posta en valor do patrimonio histórico municipal e outras tantas actuacións realizadas nos núcleos urbanos e no rural.
Agora seguimos tendo retos no horizonte para A Laracha, proxectos ambiciosos nos que teño moitas ganas de traballar e a ilusión de poder facelos realidade xunto ó meu equipo, un grupo de homes e mulleres que representan ás trece parroquias do Concello e que combinan a experiencia dos máis veteranos coas ideas renovadas da xuventude.
Nesta web facemos un percorrido polos principais logros que alcanzamos nos últimos catro anos de xestión municipal e explicamos o programa que queremos levar a cabo ata 2027.
A razón de ser desta candidatura do Partido Popular é que A Laracha continúe sendo un Concello de oportunidades para emprender, progresar e formar o teu proxecto de vida. Preséntome á reelección co aval da xestión responsable e inconformista dos últimos anos e coa promesa de es forzarme para estar á altura do que A Laracha merece, que é moito.
O 28 de maio conto coa túa confianza e impulso ó mellor proxecto de futuro posible para o teu Concello.
Vota polo Partido Popular da Laracha.