Querido/a veciño/a:
A Laracha é o Concello no que nacín, crecín, me formei como persoa, creei a miña familia e establecín o meu pro xecto de vida. É por iso que considero que ser alcalde é o maior orgullo para un político, porque é unha honra ser es collido polos veciños cos que comparto o meu día a día para tratar de resolver os problemas que lles preocupan, mello rar a súa calidade de vida e facer do noso municipio un lugar mellor para vivir e convivir.
Durante o tempo que levo como alcalde atravesamos xun tos diferentes etapas e contextos económicos e sociais. O mandato que está finalizando foi especialmente complicado porque desde o Concello tivemos a enorme responsabili dade de afrontar a pandemia do coronavirus estando xunto á veciñanza, acompañándoa, informándoa e asistíndoa nos casos nos que foi necesario. Foron meses difíciles para todos nos que, como sempre, dei o mellor de min desde os valores do compromiso coa cidadanía, a proximidade, a se riedade e a transparencia.
Pero neste período tamén houbo momentos para recordar cun sorriso, como a creación da nova zona deportiva xunto ao IES Agra de Leborís, a construción do centro sociocomu nitario de Caión, a posta en valor do patrimonio histórico municipal e outras tantas actuacións realizadas nos núcleos urbanos e no rural.
Agora seguimos tendo retos no horizonte para A Laracha, proxectos ambiciosos nos que teño moitas ganas de traba llar e a ilusión de poder facelos realidade xunto ó meu equipo, un grupo de homes e mulleres que representan ás trece parroquias do Concello e que combinan a experiencia dos máis veteranos coas ideas renovadas da xuventude. Neste documento que tes nas túas mans facemos un per corrido polos principais logros que alcanzamos nos últimos catro anos de xestión municipal e explicamos o programa que queremos levar a cabo ata 2027. A razón de ser desta candidatura do Partido Popular é que A Laracha continúe sendo un Concello de oportunidades para emprender, progresar e formar o teu proxecto de vida. Preséntome á reelección co aval da xestión responsa ble e inconformista dos últimos anos e coa promesa de es forzarme para estar á altura do que A Laracha merece, que é moito. O 28 de maio conto coa túa confianza e impulso ó mellor proxecto de futuro posible para o teu Concello. Vota polo Partido Popular da Laracha.