Querido/a veciño/a:

A Laracha é o Concello no que nacín, crecín, me formei como persoa, creei a miña familia e establecín o meu pro­ xecto de vida. É por iso que considero que ser alcalde é o maior orgullo para un político, porque é unha honra ser es­ collido polos veciños cos que comparto o meu día a día para tratar de resolver os problemas que lles preocupan, mello­rar a súa calidade de vida e facer do noso municipio un lugar mellor para vivir e convivir.

Durante o tempo que levo como alcalde atravesamos xun­tos diferentes etapas e contextos económicos e sociais. O mandato que está finalizando foi especialmente complicado porque desde o Concello tivemos a enorme responsabili­dade de afrontar a pandemia do coronavirus estando xunto á veciñanza, acompañándoa, informándoa e asistíndoa nos casos nos que foi necesario. Foron meses difíciles para todos nos que, como sempre, dei o mellor de min desde os valores do compromiso coa cidadanía, a proximidade, a seriedade e a transparencia.

Pero neste período tamén houbo momentos para recordar cun sorriso, como a creación da nova zona deportiva xunto ao IES Agra de Leborís, a construción do centro sociocomu­nitario de Caión, a posta en valor do patrimonio histórico municipal e outras tantas actuacións realizadas nos núcleos urbanos e no rural.

Agora seguimos tendo retos no horizonte para A Laracha, proxectos ambiciosos nos que teño moitas ganas de traba­llar e a ilusión de poder facelos realidade xunto ó meu equipo, un grupo de homes e mulleres que representan ás trece parroquias do Concello e que combinan a experiencia dos máis veteranos coas ideas renovadas da xuventude.

Nesta web facemos un per­corrido polos principais logros que alcanzamos nos últimos catro anos de xestión municipal e explicamos o programa que queremos levar a cabo ata 2027. A razón de ser desta candidatura do Partido Popular é que A Laracha continúe sendo un Concello de oportunidades para emprender, progresar e formar o teu proxecto de vida. Preséntome á reelección co aval da xestión responsa­ble e inconformista dos últimos anos e coa promesa de es­ forzarme para estar á altura do que A Laracha merece, que é moito.

O 28 de maio conto coa túa confianza e impulso ó mellor proxecto de futuro posible para o teu Concello. Vota polo Partido Popular da Laracha.

Qué Fixemos

  • Construción do centro sociocomunitario de Caión.
  • Pistas polideportivas, skatepark e circuíto de calistenia na Laracha.
  • Ampliación das sendas peonís da AC 552 en Cabovilaño e Lemaio.
  • Adquisición de espazos no entorno dos CEIPs Otero Pedrayo e Alfredo Brañas.
  • Posta en marcha do servizo de atención temperá.
  • Incremento das partidas destinadas ás axudas municipais á escolarización.
  • Ampliación do programa Harmoniza: aumento das prazas en Madrugadores e creación do servizo de Canguros.
  • Plan de eficiencia enerxética na iluminación pública e nos edificios municipais.
  • Plans de apoio ao comercio local e ao sector hostaleiro.
  • Medidas urbanísticas e fiscais para potenciar a implantación de empresas no polígono industrial.
  • Posta en marcha do viveiro de empresas.
  • Creación da Aula Mentor e homologación de instalacións para accións formativas.
  • Adquisición dos terreos do Castro de Montes Claros, carballeira de San Fins e menhir de Erboedo.
  • Plan de renovación de parques infantís e instalación de novos parques biosaudables.
  • Construción da área de recreo canino.
  • Potenciación dos programas municipais de actividades culturais, deportivas e de envellecemento activo.
  • Plans municipais de mellora da rede viaria.
  • Implantación do contedor marrón e de aceite, e incremento da recollida de voluminosos.
  • Recoñecementos dos distintivos ambientais Bandeira Verde e Vilas en Flor.
  • Posta en marcha do programa A Laracha Activa.
  • Programas de intercambio internacionais para a xuventude.
  • Impulso ás festas de interese turístico.
  • Impulso ás redes sociais municipais co servizo de información por Whatsapp.
  • Humanización de rúas nos núcleos urbanos.
  • Incremento de horas do servizo de axuda no fogar.

Qué faremos

  • Parque empresarial.
  • Ampliación do punto limpo e melloras das redes de abastecemento e saneamento.
  • Plan estratéxico de medio ambiente.
  • Creación dunha área de estacionamento e pernocta para autocaravanas.
  • Creación dun albergue xuvenil municipal.
  • Apoio á creación dun centro BTT comarcal.
  • Apoio á posta en marcha dun centro comarcal público para a xestión da recollida de cans e gatos abandonados.
  • Creación dunha plataforma dixital de venda en liña a disposición dos comercios.
  • Inclusión no proxecto da Vía Verde.
  • Construción de novas sendas e mellora da rede viaria.
  • Incremento do apoio económico ao tecido asociativo.
  • Impulso dun proxecto de arte urbano.
  • Creación da senda litoral en Caión desde Augacae ata o límite con Carballo.
  • Posta en marcha da oficina da dixitalización e incorporación de novas aplicacións informáticas para facilitar o acceso aos servizos municipais.
  • Construción dunha nova praza pública no Igrexario de Lestón.
  • Seguiremos demandando a implantación de novas especialidades médicas.
  • Impulso de rutas histórico turísticas: inclusión da Laracha na Vía Mariana Luso Galaica, recreación da ruta de Alfonso IX e estudo da Vía Céltica.